Un incendio devora numerosas pacas de herba seca nunha granxa de Chantada
Publicado o 07/07/2021 13:45

Un incendio arrasou numerosas pacas de herba seca nunha explotación gandeira de Chantada. Por causas que se descoñecen, as pacas comezaron a arder pola noite. Foron os bombeiros do parque comarcal chantadino os que se ocuparon se sufocar as lapas. Por culpa de que é un material altamente inflamable, os labores de extinción do lume prolongáronse durante unhas tres horas, ata as dúas e media da mañá.