Un incendio destrúe 5.000 metros cadrados dunha nave industrial en Torrejón de la Calzada (Madrid)
Publicado o 02/01/2020 12:31
Un incendio destruíu parte dunha nave industrial de Torrejon de la Calzada, no sur da comunidade da Madrid.
O lume afectou a uns 5.000 metros cadrados, unha sexta parte do total edificado, que estaban ocupados pola cámara frigorífica.
Parte da cuberta da nave, que pertence a unha cadena de supermercados, veuse tamén abaixo.
Os bombeiros investigan a orixe do incendio que non causou feridos.