CRTVG

Buscar

Un incendio calcinou un alpendre en Quiroga

Publicado o 21/02/2019 14:24

Un veciño que tratou de apagar o lume sufriu diversas queimaduras, polo que tivo que ser evacuado nun helicóptero do 061.

A orixe das lapas puido ser unha brasa sen apagar que acabou por prender na leña almacenada no pendello. Un dos primeiros veciños que trataron de sufocar as lapas sufriu queimaduras nas extremidades.

O home, que é o coidador da dona do alpendre, tivo que ser trasladado nun helicóptero do 061 ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, onde xa foi dado de alta. 

Noticias web

21/02/2019