CRTVG

Buscar

Un incendio calcina un garaxe e dous vehículos en Oleiros

Publicado o 01/08/2021 22:55
Un incendio calcina un garaxe e dous vehículos en Oleiros

Este domingo orixinouse un incendio nunha vivenda de Oleiros que queimou un garaxe e dous coches, segundo informou o 112. Foi un particular o que deu o aviso, pouco antes das seis da tarde. 

Solicitouse a intervención dos bombeiros de Arteixo, da Garda Civil, da Policía Local e do Servizo de Emerxencias de Oleiros. Nun primeiro momento, os axentes da Garda Civil mobilizados ata o lugar, avisaban de que o lume tiña risco de propagarse á vivenda. Despois confirmouse que, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.