CRTVG

Buscar

Un incendio calcina por completo unha nave industrial de Sandiás

Publicado o 18/09/2019 18:17

No concello de Sandiás, en Ourense, declarouse un incendio nunha nave de polos que quedou totalmente calcinada. Os danos son cuantiosos, pero puido ser peor, xa que a granxa estaba baleira porque se estaban realizando obras no seu interior para acoller, nos próximos dias, varios miles de polos de cría. De momento, descoñécese que puido provocar o lume.

A pesar da aparatosidade do incendio, os bombeiros conseguiron extinguilo en apenas hora e media pero, mentres tanto, o fume podíase ver desde gran parte da comarca da Limia.


 

Noticias web

18/09/2019