CRTVG

Buscar

Un incendio calcina o interior dunha nave en Cervantes

Publicado o 17/06/2021 09:19
Un incendio calcina o interior dunha nave en Cervantes

Un incendio calcinou o interior dunha nave de forraxe e provocou que esborrallase o tellado da edificación no concello lugués de Cervantes. Segundo informou o 112 Galicia, pasadas as 05:00 desta madrugada un particular chamou para alertar de que ardía unha nave dedicada a gardar forraxe e gando no lugar da Chá, na parroquia de San Tomé de Cancelada. O alertante afirmou que os animais estaban xa fóra da nave e que non corrían perigo, pero as lapas podían chegar a afectar a estruturas lindeiras.

Os bombeiros de Sarria, o GES de Becerreá, Garda Civil e Protección Civil achegáronse ata o lugar. Foron os bombeiros os que confirmaron que a nave ardera por completo e que o teito se derrubou. As edificacións próximas non se viron afectadas e tampouco houbo danos persoais nin houbo animais feridos.

Noticias web

17/06/2021