CRTVG

Buscar

Un incendio arrasa unha nave da empresa Bacallau Outón en Ponteareas

Publicado o 30/03/2021 18:54

O lume comezou sobre as dúas da tarde, pouco despois de que saíran os traballadores da fábrica. A quenda remata á unha e media e o último empregado abandonou o edificio ás dúas menos cuarto. Quince minutos despois, din os veciños que oíron un estourido e comezou o lume. As lapas medraron enseguida, xa que a nave está chea de graxa e de plásticos para o envasado.

Para apagar o incendio foi precisa a intervención dos bombeiros de Ponteareas, O Porriño, Mos e Vigo. Ademais interviñeron numerosos efectivos de Protección Civil e Medio Rural. A pesar dos seus esforzos, a metade do edificio quedou arrasada. Só se puido salvar a zona de secado. Por sorte, non houbo ningún ferido nin intoxicados por fume. A Garda Civil investiga agora as causas do sinistro.

Noticias web

30/03/2021