CRTVG

Buscar

Un incendio arrasa un restaurante en Boiro

Publicado o 02/11/2020 13:25

Había pouco máis dunha hora que o encargado do restaurante Miramar Praia pechara o negocio. Ao redor das 7 da tarde saltou a alarma de seguridade e avisárono de que as lapas estaban devorando, literalmente, o local. Un incendio que en apenas minutos adquiriu grandes dimensións, como recollen as gravacións de moitos veciños, alarmados pola virulencia das lapas,

Ata o lugar desprazáronse membros do servizo municipal de emerxencias, os bombeiros de Boiro e Ribeira, axentes da Garda Civil e da Policía Local. Tardaron case 3 horas en sufocar as lapas. Uns labores complicados pola dimensión e a rapidez coa que avanzou o lume porque o establecemento estaba construído na sua maioría en madeira, que combustiona con celeridade.

O restaurante quedou practicamente destruído. Hoxe está previsto que a Policía Científica examine o lugar para tratar de esclarecer a orixe do lume. Algunhas fontes aseguran que o inmoble terá que ser derrubado porque como se aprecia a estrutura quedou moi danada.

Noticias web

02/11/2020