CRTVG

Buscar

Un incendio arrasa oitenta chabolas nun poboado en Almería

Publicado o 18/06/2021 08:24
Un incendio arrasa oitenta chabolas nun poboado en Almería

Un incendio arrasa polo menos 80 infravivendas nun asentamento de chabolas en Níjar, en Almería. O lume iniciouse pouco antes das 9 da mañá por causas que ainda se descoñecen. Por sorte, non houbo que lamentar vitímas. No mesmo lugar detiveron unha persoa cando intentaba apropiarse de pertenzas entre os restos do incendio. O mesmo poboado quedara arrasado a mediados de febreiro por outro lume en que unhas 200 persoas perderan a sua vivenda.

Noticias web

18/06/2021