Logran deslindar a área do incendio de Ribas de Sil
• O lume que xa calcinou máis de 1.000 hectáreas afecta tamén aos concellos de Quiroga e A Pobra do Brollón
• Aínda que se mantén activada a situación 2, nestes momentos non hai risco para vivendas
Dous incendios permanecen activos no concello de Ribas de Sil, na parroquia de Nogueira. Un deles orixinouse na noite do domingo na parroquia de Nogueira; o segundo, declarouse este luns a mediodía na propia parroquia de Ribas de Sil. Segundo os últimos cálculos, a superficie afectada xa supera as 1.000 hectáreas de terreo e afecta tamén aos concellos de Quiroga e A Pobra do Brollón.
ACTUALIZACIÓN I
— G24 (@G24Noticias) September 7, 2021
A superficie arrasada polos dous incendios declarados en Ribas de Sil supera as 1.000 hectáreas. O lume afecta xa aos concellos de Quiroga e A Pobra do Brollón. Os medios aéreos comezaron a traballar coas primeiras luces do día.https://t.co/kWnxtmvzkL pic.twitter.com/faIQmWvz3G
A Consellería de Medio Rural solicitou activar a situación 2 debido á proximidade do lume ás casas do núcleo de Rairos. Tamén os lugares do Pacio e Beirán viron achegarse perigosamente as lapas. Non obstante, no punto de coordinación das tarefas de extición confirman que nestes momentos non hai vivendas en risco.
O lume chegou o luns á tarde ás inmediacións da estrada N-120, que tivo que ser cortada e, por momentos, canda outras tres estradas secundarias.
Nestes momentos, tras unha noite moi complicada, os traballos dos equipos de emerxencia conseguriron demarcar o incendio, como paso previo a tratar de controlalo.
INCENDIO RIBAS DE SIL I
— G24 (@G24Noticias) September 7, 2021
O incendio "está perimetrado, pero non controlado", di case sen folgos, Manuel Rodríguez, desde o punto no que se coordinan as tarefas de extinción. Di que é un "dos incendios máis complexos" que afrontaron nos últimos anos.
https://t.co/BpgUrxTEc7 pic.twitter.com/8n2w5sloca
Durante a madrugada eses esforzos estiveron dedicados principalmente a protexer as vivendas, segundo relataba este martes á mañá no Bos Días Cristóbal Medeiros, integrante da BRIF Laza, "porque era o máis importante. E o resto, deixando arder, porque non se podía facer outra cousa".
ACTUALIZACIÓN I
— G24 (@G24Noticias) September 7, 2021
"O lume está descontrolado, e estamos intentando facernos con el", di Cristóbal Medeiros da @BrifLaza. "Na noite estivemos atendendo as poboacións, para salvar o máis importante e deixando arder, porque non podes facer outra cousa". https://t.co/zHfNuQLRLa pic.twitter.com/6MIIRpLqci
O conselleiro de Medio Rural José González asegura que "se está traballando de forma coordinada" e que, a pesar de que se despregaron "moitos medios", a situación "é complicada", con altas temperaturas e humidade. Os medios aéreos comezaron a traballar coas primeiras luces.
Para intentar controlar o incendio producido na noite do domingo foron mobilizados seis técnicos, 17 axentes, 33 brigadas, 26 motobombas, cinco escavadoras, sete avións e seis helicópteros. Para o segundo incendio seguen traballando sete técnicos, 17 axentes, 49 brigadas, 22 motobombas, cinco escavadoras, oito avións e 14 helicópteros.
A Unidade Militar de Emerxencias (UME) foi requirida e despregou 137 efectivos e 56 vehículos para colaborar nas tarefas de extinción.
O incendio foi intencionado
O conselleiro do Medio Rural confirmou que, neste momento, xa “está acreditado” que “o foco primario” do incendio que arrasou decenas de hectáreas no municipio de Ribas de Sil “foi intencionado”.
González lembrou que os medios de extinción están a enfrontarse a unhas condicións climatolóxicas que dificultan o control do incendio forestal que afecta á parroquia de Ribas de Sil —do mesmo nome que o municipio—, dado que a temperatura chegou esta tarde na zona aos 34º e hai un “índice de humidade moi alto”.
Por iso, o conselleiro afirmou que “o que o prendeu” sabía “perfectamente o dano que estaba a facer”, porque entre os dous focos activos, o de Ribas de Sil e o de Nogueira, o lume xa arrasou “máis de 200 hectáreas, a pesar do extraordinario dispositivo” realizado polos servizos de extinción.
Por iso, asegurou que non se escatimarán esforzos para levar o responsable “ante a Xustiza”. “Temos investigando a nosa xente e imos ter resultados”, sentenciou.
Outros dous incendios en Ourense
Medio rural informou tamén este luns que se atopa activo un incendio no municipio de Chandrexa de Queixa (Ourense), na parroquia de Requeixo, e que queima xa unhas 50 hectáreas. Traballan na súa extinción un técnico, oito axentes, 23 brigadas, 14 motobombas, dúas escavadoras, dous avións e un helicóptero.
Da mesma maneira, a Consellería informa dun novo lume activo no Barco de Valdeorras, na parroquia de Éntoma, iniciado arredor das 13:00 horas.
Todo isto ocorre nunha xornada de altas temperaturas en que case toda Galicia se atopa en risco extremo de incendios.