CRTVG

Buscar

Un hostaleiro coruñés doa o 30% da súa facturación a iniciativas solidarias

Publicado o 13/11/2020 14:50

En plena crise do coronavirus, un hostaleiro coruñés decidiu doar o 30% da súa facturación a iniciativas solidarias. Di que con este exercicio de xenerosidade quere axudar, sobre todo, as persoas sen recursos e agradecerlle á súa clientela o apoio que lle prestan nestes meses tan difíciles para o sector.

Iago Cagiao, propietario do Rincón de Alba, na coruñesa rúa da Franxa, conta que cada semana vai destinar o 30% da súa facturación a distintas entidades.

"Por que o trinta por cento? Porque é a porcentaxe que levan as plataformas de envío", explica Iago Cagiao.

A súa iniciativa di que ten un dobre obxectivo: axudar os que o están a pasar mal, pero tamén agradecer aos que están a arrimar o ombreiro.

"A semana pasada enviámoslles unha cea aos sanitarios da UCI do CHUAC", di Iago Cagiao.

Ten claro que escoitará o sinal de socorro de calquera organización necesitada para seguir facendo este exercicio de xenerosidade e solidariedade.

Noticias web

13/11/2020