CRTVG

Buscar

Un home vai ser xulgado por quinta vez en Vigo por conducir sen carné

Publicado o 17/07/2019 13:36

A semana que vén xulgarán un home acusado de conducir sen carné. É a quinta vez que acode aos tribunais polo mesmo motivo.

Desta vez será nun xugado penal, pola súa reincidencia por un delito contra a seguridade viaria. O acusado nunca chegou a sacar o permiso de condución e acumulou catro condenas en só dous anos. Desta vez, a fiscalía pide para el seis meses de cárcere, despois de ser descuberto cando circulaba cun turismo pola rúa Martínez Garrido, de Vigo, en 2018.



 

Noticias web

17/07/2019