CRTVG

Buscar

Un home tírase polo balcón tras matar, presuntamente, unha muller en Reus

Publicado o 30/01/2019 20:18

En Reus tivo lugar esta tarde un novo caso de violencia machista. Un home matou a súa muller e despois tirouse polo balcón. Sobreviviu á caída pero morreu, posteriormente, no hospital.

Sobre as dúas da tarde, os veciños da rúa Argentona, en Reus, alertaron a policía porque un home acababa de tirarse polo balcón. Quedou ferido de diversa consideración e foi trasladado, en estado grave, ao hospital, onde faleceu. Despois, os Mossos subiron ao seu domicilio e atoparon o corpo sen vida dunha muller con sinais de violencia.

Aínda non puido ser identificada e descoñécese a súa relación co presunto agresor. Aínda que todas as liñas de investigación permanecen abertas, os indicios apuntan a un novo crime por violencia machista.

 

 

Noticias web

30/01/2019