CRTVG

Buscar

Un home recupérase das feridas que lle ocasionaron dous cans que o atacaron en Sanxenxo

Publicado o 22/05/2021 21:42

Un veciño de Sanxenxo recupérase das feridas que lle ocasionaron dous cans pastores alemáns.

A vítima, un home de 71 anos, paseaba a súa cadela pola rúa Areal de Portonovo. Eran sobre as dez e media da mañá cando dous cans atacaron a cadela e trabaron nunha man ao home.

Tivo que ser atendido das feridas no centro de saúde de Baltar e despois presentou unha denuncia ante a Garda Civil. 

 

Noticias web

22/05/2021