CRTVG

Buscar

Un home quedou ferido no incendio dunha vivenda en Ourense

Publicado o 07/07/2021 13:34
Un home quedou ferido no incendio dunha vivenda en Ourense

En Ourense, un home quedou ferido nun incendio nunha vivenda. Os bombeiros acudiron axiña a un edificio da rúa Alejandro Pedrosa tras unha chamada de auxilio ás oito da mañá porque saía fume. De contado, puideron extinguir o incendio, que afectou a varios electrodomésticos do inmoble, segundo o 112. Investíganse as causas do lume, pero sospeitan que puido iniciarse na caldeira da calefación de gasóleo. O home sufriu queimaduras leves das que foi atendido na ambulancia sen necesidade de ser trasladado.

Noticias web

07/07/2021