CRTVG

Buscar

Un home queda ferido grave tras o ataque dun can

Publicado o 05/12/2019 14:05

Un can deixou ferido de gravidade un home de Carballeda de Avia. Ten 71 anos e permanece en repouso na súa vivenda con curas diarias. Recibiu ata 40 puntos de sutura na cabeza e nunha extremidade e o día do ataque tivo que ser atendido no hospital.

Estaba camiñando por Carballeda de Avia cando o can, propiedade dun veciño do mesmo concello ourensán, se abalanzou sobre el e o mordeu. Foi outra persoa que pasou polo camiño a que o auxilio e avisou os servizos de emerxencia. Non é a primeira vez que este mesmo can ataca. A Garda Civil investiga o caso.

Noticias web

05/12/2019