CRTVG

Buscar

Un home queda ferido dun disparo durante unha cacería en Valdeorras

Publicado o 28/10/2019 14:37

Permanece ingresado, no Complexo Hospitalario Ourensán, un home de 60 anos que recibiu un disparo mentres participaba nunha cacería en Valdeorras.

O suceso tivo lugar nunha pista entre as localidades de Candeda de Domiz e Lamalonga, no concello de Carballeda. Ao parecer, o tirador ía abater unha presa e non se decatou da presenza da vítima, que irrompeu de forma repentina no lugar. Recibiu o impacto do proxectil na perna, á altura do xeonllo. Foi trasladado nun helicóptero medicalizado ao hospital de Ourense.

A Garda Civil incautouse das armas, tanto do ferido como do autor do disparo. En principio, todo apunta a un accidente de caza, o primeiro con consecuencias graves esta tempada.

Noticias web

28/10/2019