CRTVG

Buscar

Un home que simula interese en mercar rouba nunha xoiaría de Santa Comba

Publicado o 29/11/2019 14:35

Un home a cara descuberta roubou unha manta de xoias nun establecemento de Santa Comba. O ladrón entrou na xoiería da rúa Ferradura contra as oito da tarde de onte. Fíxoo nun momento en que estaba a empregada soa e cando no había ningún taxista na parada.

Amosouse interesado en mercar unhas xoias caras e, cando lle despregaron a manta coas alfaias, arramplou con ela e botou a correr. Sospéitase que nas proximidades tiña alguén agardando nun coche para fuxir.

Nos últimos tempos houbo roubos similares en Vimianzo, Ordes, Muros, Sigüeiro e Pontecesures.

Noticias web

29/11/2019