Un home morto e unha muller ferida grave a tiros en Salamanca
Publicado o 28/08/2021 11:02
Un home morreu e unha muller, que ía canda el, resultou ferida grave tras ser alcanzados por disparos esta madrugada na rúa Isaac Peral, no Parque Garrido, en Salamanca. A policía científica, a xudicial e unha comisión xudicial investigan os feitos, A ferida é unha muller de 53 anos que foi trasladada en UVI móbil ao Clínico Universitario de Salamanca. As chamadas de alerta avisaron de que unha persoa disparou contra un varón e a muller que quedaran tendidos no chan.
Polo de agora non houbo detidos e seguen as investigacións.