CRTVG

Buscar

Un home de 79 anos morre en Xermade atropelado por un camión

Publicado o 10/09/2021 17:00

Un home de 79 anos morreu este mediodía en Xermade atropelado por un camión na estrada LU-861, que vai das Pontes a Vilalba, no punto quilométrico 13, moi preto da vivenda familiar da vítima. 

Segundo informa o servizo de emerxencias do 112, o sinistro produciuse contra as dúas da tarde e ao chegar os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o seu falecemento.

Testemuñas do sinistro aseguraron que a vítima puido cruzar a estrada sen mirar e non viu chegar o camión que non puido facer nada por evitalo. 

 

Noticias web

10/09/2021