Un home mata a tiros a un camareiro en Francia porque tardou en servirlle un sándwich
Publicado o 19/08/2019 11:44
Incrible e triste noticia que nos chega dende Francia. Un home matou un camareiro a tiros xa que tardaba moito en servirlle un sándwich.
Ocorreu neste restaurante de París, no departamento de Saint Denis. Segundo varias testemuñas o cliente montou en cólera xa que o camareiro era demasaido lento e non lle trouxera o sándwich que solicitara. Sacou unha pistola e disparoulle varias veces. Tiña 28 anos. O homicida fuxiu e está en busca e captura pero a policía francesa aínda non puido dar co seu paradoiro.