CRTVG

Buscar

Un home mata a tiros a súa muller en Sevilla e despois suicídase

Publicado o 11/08/2021 08:41
Un home mata a tiros a súa muller en Sevilla e despois suicídase

Un home de 63 anos matou a súa esposa, de 60, na vivenda de ambos en Sevilla capital, para posteriormente quitarse a vida dun disparo na cabeza, segundo confirmou a Efe a Policía Nacional. O suceso produciuse pasadas as 20:30 horas do martes. Un familiar atopou os corpos pouco despois do suceso e avisou os servizos de emerxencia.

O corpo da muller foi atopado na casa con varios disparos, e o do home cun tiro na cabeza, ao parecer co mesmo arma usada para matar á muller, unha escopeta de caza.

O asasinato eleva a 31 os crimes machistas no que vai de 2021 e a 1.109 as vítimas mortais da violencia de xénero desde que comezaron a elaborarse os rexistros en 2003. Non existían denuncias previas contra o presunto agresor da vítima, que era nai de tres fillos maiores de idade. 

Noticias web

11/08/2021