Deteñen un home por matar a súa nai, de 81 anos, dun disparo cunha escopeta en Málaga
Publicado o 05/09/2019 20:08
En Málaga, a policía detivo un home de 50 anos acusado de matar a nai cunha escopeta. A vítima tiña 81 anos.
O suceso ocorreu á unha da tarde na barriada de Puerto de la Torre. O suposto agresor mais a súa nai estaban na porta da casa. Segundo os veciños, acababa de producirse unha discusión familiar. Un condutor que circulaba pola zona viu dende o seu coche como o home lle apuntaba e disparaba á anciá cunha escopeta.
O home vivía coa nai e mais un irmán, e, segundo os veciños, a familia tiña problemas. Despois do disparo, o suposto homicida atrincheirouse na vivenda ata que a policía o detivo.
O home está acusado dun delito de homicidio. A policía continúa investigando para esclarecer o ocorrido.