CRTVG

Buscar

Un home mata a súa exparella en Sagunto e logo suicídase tirándose polo balcón

Publicado o 10/05/2021 08:46
Un home mata a súa exparella en Sagunto e logo suicídase tirándose polo balcón

Crime machista en Sagunto. Un home de 60 anos matou a coiteladas a súa exparella, da mesma idade e da que tiña unha orde de afstamento. Os feitos ocorreron pasadas as 20:00 deste domingo, cando os veicños alertaron á policía tras escoitaren berros.

Cando chegaron os axentes comprobaron que a muller falecera como consecuencia das puñaladas que lle causara supostamente a súa exparella. O presunto autor dos feitos suicidouse despois, ao chegar a policía, tirándose desde o cuarto piso.