CRTVG

Buscar

Un home ferido nun tiroteo en Barcelona

Publicado o 09/09/2021 08:09
Un home ferido nun tiroteo en Barcelona

Os Mossos d'Esquadra investigan un tiroteo que tivo lugar no barrio da Mina de Sant  Adrià de Besòs en Barcelona. Os veciños escoitaron unha ducia de disparos, aínda que non se puido precisar se houbo intercambio de tiros ou todas as balas saíron da mesma parte. Como consecuencia do tiroteo, un home quedou ferido leve nun brazo e foi trasladado ao Hospital do Mar.

Noticias web

09/09/2021