Un home falece na Laracha ao caer dende un muro
Publicado o 27/09/2021 21:32

Na Laracha, un home faleceu na tarde deste luns ao caer dende un muro a unha zona de difícil acceso. O suceso ocorreu no Lugar de Proame.
Foi necesaria a intervención dos bombeiros de Carballo para recuperar o corpo. Os sanitarios desprazados á zona xa non puideron facer nada por salvar a vida do accidentado.