CRTVG

Buscar

Un home falece dun infarto esta madrugada nos calabozos da Comisaría de Vigo

Publicado o 23/02/2019 10:29
Un home falece dun infarto esta madrugada nos calabozos da Comisaría de Vigo

Sobre as 02:45 da mañá deste sábado, faleceu nos calabozos da comisaría de policía de Vigo un varón de 51 anos que ingresara unhas horas antes tras ser detido pola policía local de Redondela.

O home estaba causando problemas na vía pública, enfrontándose moi agresivamente cos axentes, o que motivou que antes de ingresar nos calabozos fose levado ao PAC de urxencias pola unidade.

Unha vez atendido e despois de feitas as dilixencias correspondentes, foi retido, pero vendo que a agresividade non remitía, solicitouse novamente a presenza dos servizos sanitarios nas dependencias policiais.

Nun momento no que estaba sendo atendido sufríu un paro cardíaco e, malia intentar reanbimalo durante trinta minutos, acabou falecendo. Deuse aviso o xulgado de garda e retirouse o cadáver ao Hospital Nicolás Peña, onde se lle practicará a autopsia.