Un home falece decapitado despois de que un transbordador golpeara a súa embarcación en Eivisa
Publicado o 18/08/2021 21:31

Un home morreu decapitado despois de que un transbordador golpeara a embarcación en que navegaba en augas de Eivisa. O outro tripulante que o acompañaba conseguiu ser rescatado, aínda que con feridas.
A Garda Civil investiga como se puido producir este choque entre o barco, de pequenas dimensións, e a embarcación de transporte de pasaxeiros. As autoridades lembran que existe un regulamento de distancias para previr as abordaxes.