CRTVG

Buscar

Un home enfróntase a once anos de prisión por abusar sexualmente da súa fillastra

Publicado o 13/05/2021 14:20

O feito xulgado aconteceu no verán de 2014 en Carballo e denunciado tres anos despois, segundo o relato do fiscal. O acusado estaba só coa súa fillastra de once anos de idade e despois de espila, introduciulle un dedo na vaxina. El negou ao relato de acusación afirmando que todo é falso e mentira. Segundo declarou, a relación coa fillastra era fluída ata que un día el lle deu unha labazada, poque a rapaza estaba a ameazar a súa nai con clavarlle un coitelo. E engadiu que foi aí onde a menor anunciou que o ía denunciar, que desde entón el pasou a ser un estorbo para a rapaza, debido a que non lle pasaba as desordes da súa conduta como facía súa nai.

O home afrontara antes outra denuncia por abuso sexual a unha coñecida da súa fillastra, causa que no seu día se sobreseu. Desta volta enfróntase, entre outras penas, a once anos de prisión por un delito de abuso sexual e o pagamento de dez mil euros por reparación de dano moral. É o que sinalan as conclusións provisionais do fiscal, porque ás once da mañá o xuízo seguía na Audiencia Provincial da Coruña coa declaración da fillastra a porta pechada, e de seguido a comparecencia das testemuñas, entre elas a parella do acusado e nai da acusadora.



 

Noticias web

13/05/2021