Un home das Nogais, sexta vítima mortal cortando madeira do ano en Galicia
Publicado o 07/02/2019 14:14
Un veciño das Nogais de 62 anos é a sexta vítima mortal dun accidente forestal en Galicia no que vai de ano. O home morreu este mediodía ao caer dunha árbore nun monte de Doncos, neste concello lugués.
Ante esta sucesión de accidentes, Administración e profesionais insisten na necesidade de usar os equipos de protección axeitados, coñecer ben as máquinas de traballo, avaliar os riscos e a elaborar un plan de traballo previo á corta que se vai efectuar.