CRTVG

Buscar

Un home confesa na comisaría o asasinato da súa parella en Porqueres (Xirona)

Publicado o 03/06/2021 11:18
Un home confesa na comisaría o asasinato da súa parella en Porqueres (Xirona)

Un home de 45 anos supostamente asasinou a súa parella en Porqueres, Xirona, e logo confesou o crime na comisaría da localidade veciña de Banyoles. Alí permanece detido.

Tras entregarse, axentes da División de Investigación Criminal (DEC) dos Mossos d'Esquadra trasladáronse á casa que compartían e atoparon o corpo da muller, de 48 anos, con sinais de violencia e feridas compatibles con arma branca.

Agora, tentan esclarecer as circunstancias do acontecido para confirmar, de xeito definitivo, que se trata dun novo crime machista.

Con ela, serían xa 16 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas en España no que vai de ano, cinco delas en Cataluña. Ademais, seis menores quedaron orfos e outros dous foron asasinados polos seus pais, segundo a estatística da Delegación do Goberno contra a violencia de xénero.

Noticias web

03/06/2021