CRTVG

Buscar

Un grupo de surfistas rescata unha persoa que caera ao mar no Portiño, na Coruña

Publicado o 12/12/2020 21:44

Na Coruña un grupo de surfistas rescatou este sábado unha persoa que caera ao mar no Portiño, na parroquia de San Pedro de Visma. Os deportistas estaban na auga facendo surf cando se decataron de que alguén caera á auga involuntariamente. Conseguiron rescatar a esa persoa e avisaron os servizos de emerxencia. A vítima, que estaba inconsciente, foi evacuada ao complexo hospitalario da Coruña.
 

Noticias web

12/12/2020