Un grupo de poetas unen Camiño e literatura nunha viaxe inspirada por Novoneyra
O Camiño como fonte de inspiración e como lugar de encontro. Isto é o que anima o grupo de escritores que participan na residencia itinerante promovida pola Fundación Uxío Novoneyra, que están a percorrer un treito da ruta xacobea.
É a segunda edición dunha experiencia que se desenvolve en dúas etapas. Durante a primeira semana os escritores fan o Camiño e na segunda, tras unha estadía na casa do poeta Uxío Novoneyra no Courel, relatan a súa experiencia en escritos que logo len aos alumnos de varios centros da contorna do Camiño.
Son poetas que retoman o legado de Uxío Novoneyra, coma estes de Irlanda e Hungría, que destacan a relación entre o Camiño e a literatura. A iniciativa enmárcase no proxecto Ámeto Mítico, que afonda na influencia do Camiño de Santiago na poesía.