CRTVG

Buscar

Un grupo de mozos de Oleiros reparte vitaminas para infundir ánimo entre a veciñanza

Publicado o 19/04/2021 18:45

Un grupo de mozos de Oleiros crearon unhas vitaminas para infundir ánimo ao seu redor. Son unhas pílulas con mensaxes de alento que nun principio ían ser só para os traballadores esenciais, pero que agora reparten entre todos os seus veciños.

Porta a porta, local a local, Pablo, Nerea, Kiko, Adrián e Nuria levan repartidas máis de 300 pílulas da sua Vitamina Xove en Oleiros. Unha idea que xestaron co apoio das casas da mocidade, para infundir ánimo entre a veciñanza.

A iniciativa tivo tanto éxito que preparan novas doses de Vitamina Xove para repartir.




 

Noticias web

19/04/2021