CRTVG

Buscar

Un grupo de mozos agride en Viveiro un rapaz de 16 anos, que acaba no hospital da Mariña

Publicado o 06/02/2021 19:58

Unha malleira acabou cun mozo de 16 anos no hospital da Mariña, en Burela. Sucedeu preto do instituto de Viveiro, á saída da xornada escolar.

O agredido, veciño deste concello e menor de idade, recibiu unha tunda por parte dun grupo de mozos. Interveu a Policía Nacional e a Local. O rapaz foi trasladado ao centro hospitalario para realizarlle unha observación completa das feridas que presentaba.

Noticias web

06/02/2021