CRTVG

Buscar

Un grupo de camiñantes da Palma fai o Camiño de Santiago en apoio á illa

Publicado o 02/10/2021 16:39

Na recta final do Camiño Portugués encontramos este sábado un grupo de preto de 70 peregrinos da Palma. O ano pasado a covid obrigounos a aprazar a viaxe e agora decidiron facer a ruta en apoio aos veciños e amigos que o perderon todo.

Coa foto de grupo na parroquia de Briallos, no concello de Portas, comezan a camiñada. Por diante quedan 20 quilómetros a pé da ruta portuguesa ata chegar a Valga.

Pertencen ao club de Camiñantes El Altajo e a maioría son do concello de Breña Baja, pero entre os camiñantes tamén hai algunha veciña de El Paso evacuada da súa casa. Tiñan a viaxe programada o ano pasado e a pandemia obrigounos a aprazala, desta vez a pesar do volcán decidiron emprender camiño.

Teñen previsto chegar a Santiago o luns e regresar á illa o mércores, pero volver á casa dá medo. "Daría o que fose porque o aeroporto estivese pechado o mércores e o avión non chegase", asegura unha das peregrinas.

Noticias web

02/10/2021