CRTVG

Buscar

Un gromo na residencia de Chantada con 8 contaxios pon fin a un mes sen casos nestes centros

Publicado o 01/05/2021 09:57

Oito positivos neste centro Domus Vi de Chantada rematan con dúas semanas coas residencias galegas de maiores libres de covid. Na Radio Galega a directora do centro lamentaba o contaxio pero explicaba que non presentan síntomas.

O gromo detectouse nas probas periódicas de control que prevé o protocolo, e entra dentro das posibilidades que xa contemplaban as autoridades.

Os usuarios, que xa estaban vacinados, permanecen nas súas habitacións para cumprir o correspondente período de illamento.