CRTVG

Buscar

Un gromo familiar motiva a volta de Porto do Son ao nivel laranxa

Publicado o 05/03/2021 15:17

Os hostaleiros están decepcionados.

"Tiñas proxectos e xa outra vez de volta a empezar", laméntase Adriana Buján, que traballa nun restaurante familiar

Dende hoxe só poden traballar nas terrazas ao 50 %.

"Claro que metes mercancía, e máximo cando a fin de semana pasada foi unha fin de semana boa", di ​Javier Molinos, que rexenta un hotel restaurante.

A fin de semana pasada había moita xente, moita dela da zona de Santiago.

"Somos a praia de Santiago como quen di, e a esta zona baixa moita xente desa zona, de Vigo incluso",​ fala Jorge Romero, hostaleiro.

Esta fin de semana só van ter os clientes locais.

"Poñeremos 4 ou 5 mesas na terraza, a ver se facemos algo e pola semana pecho", apunta ​Marcos Segade, hostaleiro.

Hoxe é día de cancelacións.

"Si de cuartos, dúas de restaurante si, bastantes",​ fala Javier Molinos, quen rexenta un hotel restaurante .

Hoxe e mañá 2.200 sonenses están chamados a un cribado.

 

 

 

Noticias web

05/03/2021