CRTVG

Buscar

Un grande incendio en Seseña provoca unha enorme columna de fume

Publicado o 13/04/2021 21:03

Unha xigantesca fumareda visible hai uns minutos dende puntos da cidade de Madrid é a consecuencia do gran incendio que se produciu contra a 6 da tarde nun polígono industrial da localidade toledana de Seseña.

Bombeiros de ata 14 dotacións das comunidades de Castela-A Mancha e Madrid traballan arreo para tratar de sufocar as lapas en varias naves que se atopan moi próximas á autovía A4, que une a capital con Andalucía.

Segundo as primeiras informacións semella que non hai que lamentar danos persoais.

 

Noticias web

13/04/2021