CRTVG

Buscar

Un gran final de partido permítelle ao Leyma derrotar o Oviedo no inicio dos playoffs

Publicado o 22/05/2021 13:44

A principal fortaleza do Leyma Coruña é que a súa defensa pode transformarse nun muro case inexpugnable. Así o fixo cando máis o precisaba, nos últimos cinco minutos da sempre complicada estrea de playoffs, cando o Oviedo axexaba a vitoria en Riazor. O 0-15 obtido polos asturianos no inicio do último cuarto recibiu a resposta axeitada. Con 6 de vantaxe para os visitantes logo desta tripla de Elijah Brown, chegou un 15-1 definitivo. Este foi un dos ataques do Oviedo nos últimos minutos, onde parece evidente que as ideas desapareceron diante da severidade defensiva dos galegos. Pola contra, o ataque laranxa, esqueceu a opacidade do inicio do cuarto decisivo e apoiouse en dous xogadores para remontar. Monaghan e Dago Peña complementáronse para aportar 13 puntos seguidos e permitir o 1-0 na eliminatoria. O martes, o segundo partido. Pode ser o definitivo se o Leyma fai o que nunca fixo, asaltar o feudo ovetense de Pumarín.

Noticias web

22/05/2021