CRTVG

Buscar

Un golfiño desorientado achégase ata un areal de Porto do Son

Publicado o 07/09/2020 15:00

Un golfiño achegouse onte ata a praia Ornanda, en Porto do Son, e nadou a escasos metros do areal.
O animal, probablemente desorientado, causou grande expectación entre os bañistas, e moitos deles achegáronse excesivamente a el.

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños e a Asociación de Profesionais Ambientais advirten de que non se debe interactuar cos arroaces, animais salvaxes que nesta situación poden varar e acabar morrendo.

Noticias web

07/09/2020

Máis sobre Porto do Son