CRTVG

Buscar

Un golazo de Giroud castiga un Atlético conservador (0-1)

Publicado o 23/02/2021 23:08
Un golazo de Giroud castiga un Atlético conservador (0-1)

Un gol de chilena do francés Olivier Giroud no minuto 68 deu ao Chelsea inglés a vitoria (0-1) e a vantaxe na eliminatoria de oitavos de final da liga de Campións ante un Atlético de Madrid cuxa formulación conservadora foi ao traste co tanto do punta galo.

Un tanto de bela factura, pero no que Giroud parecía claramente en fóra de xogo, foi validado pola intervención da videoarbitraxe, que descubriu que o balón rematado polo dianteiro do Chelsea procedía do central do Atlético Mario Hermoso. Por tanto, o colexiado alemán Felix Byrch deu validez ao gol.

O gol crebou a formulación do Atlético no Estadio Nacional de Bucarest (Romanía), onde tivo que xogar como local ante a imposibilidade de que o Chelsea viaxase a Madrid polas restricións fronteirizas pola pandemia. Con ata seis xogadores defendendo o ataque rival, o conxunto branquivermello non foi capaz de armar contraataques claros e irá en desvantaxe a Londres.