Un gol para reivindicar a figura de Denis
Publicado o 27/09/2021 23:08
Discutido desde dentro do propio club, Denis Suárez marcou un gol importantísimo no minuto 94 que lle deu o primeiro triunfo ao Celta. Denis non marcaba desde agosto de 2019, nun partido ante o Sevilla, o único gol desde o seu regreso a Vigo. Un dos fillos pródigos do celtismo atopou con este gol o acougo que precisaba despois dun verán de trebóns.