CRTVG

Buscar

Un gol de Miku permite o Deportivo reencontrarse coa vitoria

Publicado o 16/10/2021 20:51

Volveu o Deportivo o camiño de triunfo da man dos 14.344 espectadores que acudiron a Riazor a presenzar un partido para esquecer.

No que o Deportivo foi superior no primeiro tempo metendo o San Sebastián dos Reis no seu campo máís por empuxe que por fútbol nuns minutos iniciais marcados pola choiva.

Responderon os madrileños con este disparo de Raúl Hernández, sen problemas para Mackay.
O partido neste períoo xogouse nunha soa dirección. A do meta Bañuz. Diego Villares probou fortuna, pero sen acertar coa portería.

Como tampouco o fixo Juergen, quen estrelou a pelota contra o lateral da portería do Sanse.
O Deportivo chegaba pola banda esquerda e tamén pola dereita, onde Víctor García prologou o tanto deportivista provocando un novo córner que converte Miku no un a cero.

Era o minuto 35. E o cuarto tanto do venezolano nesta temporada, máximo goleador xunto con Quiles, suplente neste partido e co que foi celebrar o tanto.

Na segunda metade apenas se rexistraron oportunidade de gol. O Deportivo decidiu pechar o partido e que pasaran os minutos, pero sen sentenciar no marcador.

Eso permitiu que o Sanse se plantara no minuto 88 na área coruñesa para rematar un córner.
Quiles, que entrou por Noel, dispuxo desta boa oportunidade coa que remataba un encontro no que o mellor para o Deportivo foi o resultado.

Noticias web

16/10/2021