CRTVG

Buscar

Un gandeiro da Cañiza denuncia o exceso de celo dun cabo da Garda Civil

Publicado o 19/04/2020 17:43

José Luis ten que dar de comer ás súas vacas pola mañá e pola noite. Hai unha semana, cando naceu o xato, neste cruzamento preto da Cañiza, unha parella da Garda Civil parou o seu coche e multouno.

José Luis ten unha leira con vacas e outra con cabras, a pouco máis dun quilómetro da súa casa. Ademais da sanción, non entende como lle puideron dicir que non se pode dar de comer aos animais todos os días.

José Luis coméntanos: "Eles din que durante dous días non é necesario darlles de comer ás vacas".

Unha semana despois, aínda segue dándolle voltas ao asunto: "Eu non lle vexo lóxica a que non poidas ir no coche coa persoa coa que convives".

Mentres non chegue a multa, José Luis seguirá dando de comer cada día aos seus animais.

Noticias web

19/04/2020