CRTVG

Buscar

Un profesor de instituto fai réplicas de edificios históricos galegos con pezas de Exin Castillos

Publicado o 07/05/2021 13:04

Un profesor do centro de FP de Ferrolterra crea réplicas de monumento galegos utilizando pezas dun clásico xogo de construción da década dos 70 e 80, o Exin Castillos. Agora, unha parte da súa colección exhíbese no castelo coruñés de Moeche.

O castelo de Moeche acolle unha exposición de reproducións de monumentos históricos galegos feitos con ladrillos de plástico dun xogo moi popular nos anos 70 e 80 do século pasado, o Exin Castillos.

A peza máis grande da exposición e unha das máis recoñecibles, a fachada da Catedral de Santiago, necesitou trinta mil pezas e o seu autor dedicoulle un ano de traballo. Coa mesma escala dun centímetro a réplica por 32 do modelo real, a exposición recolle reproducións da Torre do Hércules, do torreón dos Andrade e dos castelos de Sobroso e Doiras.

Tamén outras pezas realizadas por outros membros da asociación de construtores de réplicas con este tipo de pezas. Fran traballa xa na réplica do castelo de Moeche e gustaríalle afrontar a doutros edificios históricos, como as catedrais de Lugo e Ourense.