Un galego correspondente no Vaticano explica nun libro o país máis pequeno do mundo
Publicado o 03/03/2021 21:33
Un señor da Pobra do Caramiñal. Un periodista que voaba con Xoán Paulo II e tamén con Bieito XVI. Que lle pediu axuda a Francisco para escribir este libro. "Pregunteille como explicar mellor o Vaticano, e respondeume que nin el o sabía".
Vinte e dous anos leva Juan Vicente traballando de correspondente no Vaticano. Falamos do país máis pequeno do mundo. "Non hai no mundo nin un concello máis pequeno. Pero ten o corpo diplomático máis importante despois de Washington". Falamos da institución máis lonxeva da Historia, que vive con Francisco un proceso de renovación.
Escribe Juan Vicente: "Visto dende fóra, o Vaticano é un grandioso conxunto de edificios de extraordinaria beleza. Dende dentro, é infinitamente máis".