Un galego, á fronte do deporte español
Publicado o 29/03/2021 21:28
Un galego presidirá o Consello Superior de Deportes. José Manuel Franco, actual delegado do Goberno en Madrid, será o novo secretario de Estado para o Deporte. Substitúe no cargo a Irene Lozano. O nomeamento podería oficializarse mañá no consello de Ministros.
Franco, de 64 anos, naceu na Pobra do Brollón. Foi concelleiro socialista en Monforte e o seu vínculo co deporte resde na práctica de balonmán e fútbol sala na súa xuventude.