Un gaiteiro fillo de galego conquista 'Got Talent' no Uruguai
Publicado o 07/09/2021 21:49
Un gaiteiro fillo de galego chega á final de Got Talent no Uruguai. Chámase Carlos González e ten o país entusiasmado coas súas actuacións. El e máis a súa gaita chegaron á final do concurso.
Sorprendeu o público misturando o tradicional e o moderno. A final do Got Talent uruguaio será o próximo 20 de setembro e de seguro que Carlos González volverá conquistar o xurado ese día.