CRTVG

Buscar

Un fondo australiano lanza unha OPA sobre o 23 % de Naturgy

Publicado o 26/01/2021 15:16
Un fondo australiano lanza unha OPA sobre o 23 % de Naturgy

Naturgy dispárase hoxe en bolsa tras coñecerse que un fondo australiano lanzou unha OPA sobre a compañía. A firma IFM quere mercar case o 23 % da enerxética por máis de cinco mil millóns de euros en efectivo.

A súa intención é conseguilo con 220 millóns de accións pagando 23 euros por cada unha, case un vinte por cento máis do que se cotizaban onte. A operación está pendente do visto e prace das autoridades e dos accionistas da empresa.

Noticias web

26/01/2021